A Coruña

Feira pola Empresa
e o Emprego

19, 20 e 21 de novembro de 2024
O EVENTO

Unha feira para conectar talento e iniciativa empresarial

A Feira pola Empresa e o Emprego é un evento que ten lugar os días 19, 20 e 21 de novembro de 2024 na Coruña, dedicado a fomentar a conexión entre empresas, profesionais e persoas en busca de emprego. Durante este período, as persoas participantes terán a oportunidade de participar en diversas actividades que promoven o networking, a formación e a información sobre o mundo empresarial.

Esta cita, organizada pola Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC) coa colaboración da Xunta de Galicia, representa unha plataforma única para conectar as empresas coas persoas que preseentan os seus perfís de emprego, proporcionar un espazo para a promoción de produtos, servizos e oportunidades de negocio, e facilitar o intercambio de información, networking e desenvolvemento profesional e empresarial. Tamén contribuirá ao desenvolvemento do talento e a competitividade empresarial, nun entorno dinámico e colaborativo.

Consulta o noso programa e inscríbete nas diversas actividades.

Realizaremos encontros empresariais con CEOs, abordaremos as temáticas e retos do presente e futuro, coñeceremos as competencias requiridas no actual mercado laboral, e proporcionaremos un espazo para o intercambio de ideas e o establecemento de relacións de negocio entre profesionais, empresas e iniciativas emprendedoras. Contaremos con ponencias de persoas expertas no desenvolvemento de marca persoal, obradoiros para o aproveitamento do talento e paneis de discusión. O networking estará presente en cada unha das xornadas.

O xoves 21 de novembro desenvolveremos a feira de emprego propiamente dita, con stands de empresas e entidades que nos presentarán a súas ofertas, en paralelo a dúas ponencias sobre a mellora dos procesos de contratación e a produtividade.



Empresas Participantes

012345678900123456789001234567890

Obradoiros
Charlas

01234567890

Networkings

01234567890

Stands

0123456789001234567890
Es talento ou buscas talento?

Participa na Feira

Inscríbete para formar parte dun evento único

Ubicacións

A Feria pola Empresa e o Emprego desenvolverase en tres espazos da cidade da Coruña


Martes 19

Hotel NH Collection Finisterre

Situado no corazón da cidade, a carón do centro histórico.



Mércores 20

Nordés Club Empresarial

Espazo de encontro para as empresas que afrontan os retos do século XXI.


Xoves 21

ERLAC

Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (UDC).

Entidades colaboradoras

Esta feira será posible grazas ao esforzo e compromiso de moitas empresas
Aspect image
Aspect image
Aspect image
Aspect image
Aspect image
Aspect image
Aspect image
Aspect image

Organiza


https://feirapolaempresaeoemprego.com/wp-content/uploads/2024/11/erlac2.png
https://feirapolaempresaeoemprego.com/wp-content/uploads/2024/11/negro.png
https://feirapolaempresaeoemprego.com/wp-content/uploads/2024/11/negro.png

Patrocina


https://feirapolaempresaeoemprego.com/wp-content/uploads/2024/11/xunt2-1.png
https://feirapolaempresaeoemprego.com/wp-content/uploads/2024/11/iga1.png
https://feirapolaempresaeoemprego.com/wp-content/uploads/2024/11/oeg2-1.png